En virtude do estipulado polo Real Decreto 1002/2002, do 27 de setembro, se vostede é titular dun centro de bronceado deberá declaralo con carácter previo ao inicio da actividade perante o delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria para que este o inclúa no Rexistro de Centros de Bronceado da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta declaración (pode atopar o modelo de impreso na pestaña solicitude) deberá ser actualizada cada vez que se produza unha modificación nos datos do centro de bronceado declarados co anterioridade achegando coa declaración a documentción que reflicta os cambios que se teñan producido.