Información de procedementos

IN605B Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores

A excepcionalidade para os refuxios ou espazos libres que estean no oco de percorrido dun ascensor de velocidade superior a 0.15 m/s á que se fai referencia no apartado 14.1 da ITC AEM 1, solicitarase ao órgano territorial competente en materia de Industria, previamente á execución da instalación, a través do procedemento IN605B.

Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Caso dun edificio novo

Estudo arquitectónico que demostre que non existe a posibilidade de dispoñer dos refuxios ou espazos libres, no que conste que se trata dun edificio novo e planos de situación do ascensor dentro do edificio.

b) Caso dun edificio existente

Estudo arquitectónico que conclúa que non se pode materialmente practicar os refuxios ou espazos libres, ou que teñen que empregarse medios desproporcionados para elo, no que figure a antigüidade da edificación, planos de situación do ascensor dentro do edificio, comparativa entre a solución que se prevexa desproporcionada e a proposta de excepción e, no seu caso, relación de impedimentos legais.

De ser recoñecida a excepcionalidade, o instalador deberá proceder a xustificar a medida alternativa á disposición de refuxios ou espazos libres que introduza no seu deseño, incluíndoa no expediente técnico de fabricación, da mesma forma que o resto de requisitos esenciais. Dita medida non deberá ser obxecto de aprobación polo órgano territorial competente en materia de Industria, senón que corresponderá unicamente á responsabilidade do instalador, aplicando no seu caso, se o desexa, unha das solucións que poida contemplar a norma harmonizada pertinente. O instalador engadirá copia da resolución motivada, ou referencia da mesma, á documentación que deberá achegar para a posta en servizo dos ascensores.