Os titulares de instalacións petrolíferas de almacenamento para o seu consumo na propia instalación deben inscribir estas instalacións no correspondente rexistro perante a xefatura territorial da consellería competente en materia de industria.
Terán consideración de instalacións de almacenamento para o seu consumo na propia instalación:
a. Instalacións industriais fixas (fornos, queimadores para aplicacións diversas, etc).
b. Instalacións de almacenamento de recipientes móbiles que conteñan carburantes e combustibles para uso industrial.
c. Instalacións de combustibles para calefacción, climatización e auga quente sanitaria.
d. Instalacións fixas para usos internos non productivos nas industrias (grupos electróxenos, etc)
e. Instalacións destinadas a subministrar combustibe e/ou carburante a medios de transporte interno, que operen só dentro das empresas (carretillas elevadoras, etc).
f. Instalacións destinadas a subministrar combustible e/ou carburante a maquinaria, que non sexa vehículo.
As ditas instalacións de almacenamento divídense en tres categorías a efectos da documentación a presentar para realizar a súa inscrición no rexistro en función da súa capacidade de almacenamento e os productos contidos:
1. Instalacións que requiren proxecto:
>300 litros-emprazamento interior (clase B).
>3000 emprazamento interior (clase C e D).
>500 litros-emprazamento exterior (clase B).
>5000 litros-emprazamento exterior (clase C e D).
2. Instalacións que non requiren proxecto:
300=Q=50 litros-emprazamento interior (clase B).
3000=Q>1000 litros-emprazamento interior (clase C e D)
500=Q=100 litros-emprazamento exterior (clase B)
5000=Q>1000 litros-emprazamento exterior (clase C e D)
3. O resto das instalacións de almacenamento de capacidade inferior ás anteriormente establecidas, quedan excluídas do trámite administrativo de inscrición.