As instalacións con equipos á presión ás que lles sexa de aplicación o Real Decreto 2060/2008, do 12 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de equipos a presión e as súas instrucións técnicas complementarias, antes da súa posta en servizo deberán rexistrarse na correspondente Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria facendo uso do presente procedemento.
Para iso, deberá achegar o certificado da instalación, emitido por unha empresa instaladora debidamente rexistrada e da categoría adecuada, xunto co resto da documentación técnica, entre a que se incluirá a memoria técnica ou, en caso de ser necesario, o proxecto técnico co correspondente certificado de dirección de obra.