Se vostede, como responsable ou titular dunha empresa, quere poñer en servicio unha instalación para o almacenamento de productos químicos, debe presentar perante a xefatura territorial da consellería competente en materia de industria a solicitude de autorización, acompañada da documentación que mais adiante se sinalan.
As solicitudes deberán cumprir os requisitos establecidos nas instruccións técnicas complementarias referidas o almacenamento de líquidos inflamables e combustibles, almacenamento de óxido de etileno, almacenamento de cloro, almacenamento de amoníaco anhídrido, almacenamento de botellas e botellóns de gases comprimidos, licuados e disoltos a presión, e almacenamento de líquidos corrosivos.