O Decreto 37/2019, de 21 de marzo, polo que se determinan os órganos competentes e outras medidas para o control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas, establece que é competencia da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das súas Xefaturas Territoriais, a recepción de diversa documentación relativa aos establecementos comprendidos no ámbito de aplicación do Real decreto 840/2015, de 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas, radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A comunicación da documentación debe ser feita polos/as industriais por medios electrónicos a través do procedemento IN300A, achegando con ela os documentos seguintes que procedan:
• Notificación ou a súa actualización
• Informe de avaliación da notificación ou da actualización da notificación coa cualificación de favorable emitido por Organismo de Control
• Política de prevención de accidentes graves ou a súa actualización
• Informe de avaliación da política de prevención de accidentes graves ou da súa actualización coa cualificación de favorable emitido por Organismo de Control
• Informe de seguridade ou a súa actualización
• Informe de avaliación do informe de seguridade ou da súa actualización coa cualificación de favorable emitido por Organismo de Control
• Plan de emerxencia interior ou de autoprotección ou a súa actualización
• Informe de avaliación do plan de emerxencia interior ou de autoprotección ou da súa actualización coa cualificación de favorable emitido por Organismo de Control
• Análise cuantitativa do risco
• Informe de avaliación da análise cuantitativa do risco coa cualificación de favorable emitido por Organismo de Control
• Informe por Organismo de Control que posibilite un exame planificado e sistemático dos equipos técnicos, de organización e de modos de xestión aplicados no establecemento (artigo 17.2 do Decreto 37/2019, de 21 de marzo)