O Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 5 “Rexistro e comunicación do resultado das actuacións de control” que calquera informe, acta, protocolo ou certificación do organismo de control, independentemente de que sexa favorable, condicionada ou negativa, deberá ser remitido telematicamente ao órgano competente en materia de industria nun prazo máximo de dez días.
A comunicación do resultado de actuación debe ser feita polo organismo de control responsable da actuación por medios electrónicos a través do procedemento IN633B.