Información de procedementos

IN616A Rexistro de empresas instaladoras de fontanería de galicia

No contexto xurídico actual, a execución das instalacións interiores de subministro de auga é unha actividade liberalizada á que se lle aplica na súa integridade a Directiva de servizos.

A experiencia destes derradeiros anos amosa que a economía sumerxida creceu exponencialmente neste sector, como consecuencia entre outras causas da citada liberalización, que supuxo un drástico cambio nun sector tradicionalmente regulado.

Por outra banda, as instalacións interiores de subministro de auga teñen unha innegable complexidade técnica, precisando de persoas instaladoras cunha importante formación técnica. Ademais, unha mala execución destas instalacións pode provocar grandes danos, que a empresa instaladora debe estar en disposición de reparar.

Polo dito, creáronse un rexistro voluntario de empresas instaladoras de fontanería en Galicia, así como un rexistro das instalacións interiores de subministro de auga que executan, co obxecto de verificar que as ditas empresas cumpren unha serie de requisitos que garanten a calidade e capacidade técnica do seu servizo, o cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e a súa capacidade para facer fronte ás posibles esixencias de responsabilidade civil.

Todo elo co fin último de que os cidadáns que precisen ter acceso aos servizos deste tipo de empresas poidan ter á súa disposición un listado de empresas cuns estándares de calidade e seguridade técnica elevados que lles permita ter mais información á hora de decidir a quen contratan os servizos.

As empresas que de xeito voluntario desexen inscribirse no Rexistro de empresas instaladoras de fontanería en Galicia deberán presentar solicitude a través do procedemento IN616A.