Na disposición adicional primeira do Real Decreto 115/2017, de 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados nos mesmos, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados. establécese que:1- Os certificados das empresas previstos nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) n.º 304/2008 da Comisión, de 2 de abril de 2008, polo que se establecen, de conformidade co Regulamento (CE) n.º 842/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, os requisitos mínimos e as condicións de recoñecemento mutuo da certificación das empresas e o persoal no relativo aos sistemas fixos de protección contra incendios e os extintores que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro, outorgaranse polos servizos competentes en materia de industria da comunidade autónoma.2- Os certificados das empresas previstos nos artigos 5 e 6 do Regulamento de Execución (UE) 2015/2067 da Comisión de 17 de novembro de 2015 polo que se establecen, de conformidade co Regulamento (UE) n.º 517/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, os requisitos mínimos e as condicións de recoñecemento mutuo da certificación das persoas físicas no relativo aos aparatos fixos de refrixeración, aparatos fixos de aire acondicionado e bombas de calor fixas, e unidades de refrixeración de camións e remolques frigoríficos, que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro, e da certificación das empresas no relativo aos aparatos fixos de refrixeración, aparatos fixos de aire acondicionado e bombas de calor fixas que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro, outorgaranse polos servizos competentes en materia de industria da comunidade autónoma.Para a obtención dos ditos certificados usarase o procedemento IN610A. Os tipos de certificados solicitados poderán ser: A) Certificado de empresa no que se refire aos equipamentos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor de calquera carga de refrixerantes fluorados. B) Certificado de empresa no que se refire aos equipamentos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor de calquera carga de refrixerantes inferior a 3 KG de gases fluorados. C) Certificado de empresa no relativo aos sistemas fixos de protección contra incendios e os extintores que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro.