Información de procedementos

IN620B Incendios nos establecementos industriais

O titular dun establecemento industrial deberá comunicar ao órgano competente da comunidade autónoma, no prazo máximo de 15 días, calquera incendio que se produza no establecemento industrial no que concora, polo menos, unha das seguintes circunstancias:
a. Que se produzan danos pesoais que requiran atención médica externa.
b. Que se ocasione unha paralización total da actividade industrial.
c. Que se ocasione unha paralización parcial superior a 14 días da actividade industrial.
d. Que resulten danos materiais superiores a 30.000 euros.
Esta comunicación realizarase ao amparo deste procedemento perante a Xefatura Territorial de Industria correspondente.