As empresas titulares dunha instalación de subministro de carburantes e combustibles petrolíferos a vehículos, que non sexa unha estación de servizo ou unha instalación propiedade dunha cooperativa, deberán solicitar a inscrición das súas instalacións perante a xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria correspondente.
As ditas instalacións de subministro divídense en dúas categorías a efectos da documentación a presentar para realizar a súa inscrición no rexistro, en función da súa capacidade de almacenamento e os productos contidos:
1. Instalacións que requiren proxecto:
>300 y >3.000 Litros-Interior (clase B)
>500 y >5.000 Litros-Exterior (clase C e D)
2. Instalacións que non requiren proxecto:
300 <=3.000 Litros-Interior (clase B)
500 <=5000 Litros-Exterior (clase C e D)