Se vostede como responsable dunha empresa instaladora, quere realiza-la instalación ou posta en marcha dun ou máis aparellos elevadores ou a modificación dunha instalación, debe solicitarlle á Xunta de Galicia a autorización necesaria para iso, cando así o especifique a Instrucción Técnica Complementaria (ITC).
Consideranse instaladoras, as empresas dedicadas á instalación, montaxe a desmontaxe dos aparellos elevadores que estean inscritos no Rexistro de Empresas Instaladoras.
Os instaladores deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:
- Posuí-los medios técnicos e humanos que especifiquen en cada ITC.
- Ter cuberta a responsabilidade civil que poda derivarse da súa actuación.
- Responsabilidade de que a execución das instalación se efectuen de acordo coas normas e requisitos que se establezan nas ITC.
O instalador deberá negarse a instalar un ascensor cando as condicións estructurais do edificio non permitan cumprir tódolos requisitos de seguridade esixidos regulamentariamente e nas ITCs.