Para a posta en servizo de instalacións térmicas, tanto de nova planta como de reforma das existentes, ás que se refire o artigo 15.1a) e b) do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, será necesario o rexistro do Certificado da instalación na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria correspondente.
As instalacións térmicas ás que se refire o artigo 15.1.c) non precisarán acreditar ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria correspondente que cumpren o regulamento.
Nos anexos desta guía do cidadán atópanse os impresos oficiais necesarios para o cumprimento do Regulamento, entre eles as solicitudes do procedemento, pero tamén os modelos de memoria técnica e certificado de instalación e o modelo de certificado de mantemento, entre outros.