Se é vostede un operador alimentario que participe nas fases de produción e transformación deberá inscribir as súas instalacións no Rexistro de industrias agrarias, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 2/2005, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega (DOG núm. 49, do 11/03/2005).
O Rexistro de industrias agrarias está integrado no Rexistro industrial de Galicia, en concreto dentro da división A do mesmo. En consecuencia, se vostede é un operador alimentario que participe nas fases de produción e transformación deberá inscribir as súas instalacións no Rexistro de industrias agrarias a través do procedemento IN617E. Deste xeito e nun único trámite, vostede obterá a inscrición no Rexistro de industrias agrarias e no Rexistro industrial de Galicia.
Para facelo, deberá presentar a comunicación correspondente ao procedemento IN617E.