Para poder realizar instalacións eléctricas de baixa tensión deberá inscribirse no Rexistro de Empresas Instaladoras de Baixa Tensión que administran as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria.
Esta inscrición substitúe ao antigo certificado de instalador autorizado en baixa tensión e terá validez en todo o territorio español de xeito indefinido.
Se unha empresa con sede en Galicia quere inscribirse deberá presentar a Declaración responsable en réxime de establecemento.
Mediante estas declaracións, as empresas indican que cumpren os requisitos establecidos na lexislación de aplicación e que se responsabilizan de que a execución das instalacións se vai efectuar segundo as normas e requisitos establecidos na lexislación de aplicación.
Se unha empresa establecida nun estado membro da UE quere desenvolver esta actividade en réxime de libre prestación debe presentar a Declaración responsable en réxime de libre prestación.
A consellería poderá, en calquera momento que o considere necesario, solicitar a documentación que estime oportuno para a comprobación do cumprimento dos requisitos que se declaran, pero esa documentación non se debe achegar coa declaración responsable.