Información de procedementos

IN609T Rexistro de empresas instaladoras en alta tensión

Para poder realizar instalacións de liñas de alta tensión e/ou de instalacións de alta tensión deberá inscribirse no Rexistro de Empresas Instaladoras en Alta Tensión que administran as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria.Esta inscrición terá validez en todo o territorio español de xeito indefinido.

Se unha empresa con sede en Galicia quere inscribirse deberá presentar a Declaración responsable en réxime de establecemento.

Se unha empresa establecida nun estado membro da UE quere desenvolver esta actividade en réxime de libre prestación debe presentar a Declaración responsable en réxime de libre prestación.

Mediante estas declaracións, as empresas indican que cumpren os requisitos establecidos na lexislación de aplicación e que se responsabilizan de que a execución das instalacións se vai efectuar segundo as normas e requisitos establecidos na lexislación de aplicación.

A consellería poderá, en calquera momento que o considere necesario, solicitar a documentación que estime oportuno para a comprobación do cumprimento dos requisitos que se declaran, pero esa documentación non se debe achegar coa declaración responsable.