Se vostede é o titular dunha empresa de servizos ou dunha actividade industrial das indicadas no apartado a) do artigo 3.2 do Decreto 115/2000, do 11 de maio, debe inscribir o establecemento na división B do Rexistro Industrial de Galicia, xestionado polas xefaturas territoriais da Consellería de Economía de Industria.
Apartado a) do artigo 3.2 do Decreto 115/2000, do 11 de maio:
Servizos de enxeñaría, deseño, consultoría tecnolóxica e asistencia técnica de carácter industrial directamente relacionados coas industrias, actividades e instalacións indicadas no apartado 1 deste artigo.
As empresas instaladoras, mantedoras, conservadoras, reparadoras, etc. no ámbito da seguridade industrial inscríbense de oficio na división B do Rexistro Industrial de Galicia cando presentan a declaración responsable correspondente a súa especialidade a través desta oficina virtual de industria.
Se vostede é o titular dunha empresa dese tipo, non debe empregar o procedemento IN617C para realizar a inscrición no Rexistro Industrial de Galicia, xa que esa inscrición se produce de oficio cando vostede presenta a declaración responsable da empresa a través da oficina virtual de industria.
Nos casos restantes (empresas consultoras, enxeñarías e proxectistas/deseñadoras), a inscrición debe realizarse a través do procedemento IN617C.