Información de procedementos

IN609X Rexistro de empresas recargadoras de gases

Para poder realizar a actividade de empresa recargadora de gases nun establecemento situado na Comunidade Autónoma de Galicia, é necesario inscribir o establecemento no Rexistro de empresas recargadoras de gases que administran as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria.

Para realizar a inscrición, que ten vixencia indefinida, deberá vostede presentar unha declaración responsable.

Mediante a declaración, a empresa responsabilízase de cumprir os requisitos establecidos na lexislación aplicable e de realizar a actividade segundo o disposto na dita lexislación.

Xunto coa declaración, deberá achegar dixitalizados (en formato pdf) os documentos recollidos na normativa aplicable.

A consellería poderá, en calquera momento que o considere necesario, solicitar a documentación que estime oportuno para comprobar o cumprimento dos requisitos que se declaran.