Se vostede é o titular dunha actividade das indicadas no apartado b) do artigo 3.2 do Decreto 115/2000, do 11 de maio, debe inscribir o establecemento na división C do Rexistro Industrial de Galicia, xestionado polas xefaturas territoriais da Consellería de Economía de Industria.
Apartado b) do artigo 3.2 do Decreto 115/2000, do 11 de maio:
Entidades de acreditación, organismos de control, laboratorios e outros axentes autorizados para colaborar coas administracións públicas en materia de seguridade e calidade industrial.
Para facelo, deberá presentar a comunicación de datos correspondente ao procedemento IN617D.