AXUDA PARA O PAGO DE TAXAS

Autoliquidación de tasas

O pagamento da taxa de todos os procedementos incorporados nesta Oficina Virtual de Industria debe iniciarse no momento de cubrir o formulario normalizado da declaración responsable, comunicación ou solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo os pasos indicados no apartado Inicio do pago.

Unha vez iniciado o pago, mostraráselle unha pantalla co importe que a persoa obrigada deberá aboar, que pode ser un importe fixo máis un importe variable en función da potencia ou outros factores, como o que se mostra no apartado Datos da persoa obrigada ao pago (suxeito pasivo) . Recorde que se vostede quere pagar como representante debe seguir as indicacións do apartado Posibilidade de pago como representante

Non é preciso introducir os códigos asociados á taxa correspondente, xa que o sistema os carga automaticamente.

Lembre que debe ter en conta:

Pago con cargo en conta

Só se pode pagar mediante cargo en conta se a operación de pago se inicia con certificado (tamén se admiten certificados de representante de persoa xurídica) e con firma dixital dos titulares "necesarios".

O titular da conta do cargo debe ser necesariamente o que consta no certificado co que se accedeu

Obrigatorio para persoas xurídicas

Pago con tarxeta

O titular da conta da tarxeta do cargo debe coincidir co que efectúa o pago

O pago mediante a entidade bancaria propia ten como límite o establecido nas condicións da tarxeta

O pago en entidade bancaria distinta, por exemplo, en Abanca ten un límite de 60€

Pago semipresencial

Debe comezar o pago desde o formulario normalizado de solicitude, ao igual que no pago en electrónico

No último paso dentro da Oficina Virtual Tributaria debe elixir “pago presencial”

Ir á entidade bancaria e pagar (teña en conta que o pago pode tardar en verse reflexado na Oficina Virtual Tributaria)

Para mais información ver: Axencia tributaria de Galicia

Unha vez cubertos todos os datos necesarios do formulario poderá pasarse o seguinte punto

Gardar borrador para obter os campos necesarios para o calculo da taxa

imagen

Premer en "Calcular a taxa" dende o formulario

imagen

Acceder ao pago

Premer no botón "Aquí" para acceder á Axencia Tributaria de Galicia

imagen

Seleccionar ou omitir certificado

Sen certificado (pulsar “Cancelar”)

Mesmo ou distinto certificado que na presentación

imagen

Cubrir os datos da persoa obrigada ao pago (suxeito pasivo)

imagen

Existe a posibilidade de que o pago o realizara outra persoa en nome da persoa obrigada ao pago (suxeito pasivo) seguindo os seguintes pasos:

Cubrir cos datos da persoa obrigada ao pago no apartado “Datos do suxeito pasivo” (1), marcar a casiña “o representante é distinto do suxeito pasivo” e cubrir os “Datos do representante” (2) que levará acabo o pago

O certificado que se empregará neste caso é o do representante e a conta ten que ser de titularidade do representante

imagen

Volver a acceder ao pago

imagen

Cos datos obtidos despois de facer o pago na entidade bancaria:

Completar os datos de data e NRC

Pulsar validar

imagen